Aínda que nas Bibliotecas Municipais da Coruña o cómic está presente no noso labor diario ao longo de todo o ano, é ben certo que o mes de agosto é especial. 25 anos xa acompañando o festival Viñetas desde o Atlántico. E os que virán… 🙂

Na súa web tedes toda a información actualizada sobre charlas, exposicións e actividades na Rúa da BD. Este ano non podemos acompañarvos dende alí, pero dende logo cada Biblioteca é unha «caseta» en si mesma. Nesta ocasión enchímola de novidades, das obras das autoras e autores convidados nesta edición así como dunha mostra das obras das e dos creadores dos 25 carteis que forman parte da historia (e familia xa) de Viñetas desde o Atlántico. No noso catálogo podedes ver un destacado con todos os cómics novos que ocupan os nosos andeis.

Pero é que ademáis Autobán retoma a súa andaina neste 2022. O festival coruñés de cómic autoeditado alcanza este agosto a súa décimo cuarta edición, despois de seis edicións de verán, outras tantas de inverno, e unha última edición en liña por mor da pandemia. Medio cento de creadoras e creadores inscritos porán á venda as súas novidades no encontro, que ademais contará con obradoiros, presentacións, edicións exclusivas, mostras e o célebre Combate de Debuxantes.

O Autobán é a festa dos autores e autoras de banda deseñada que publican os seus propios traballos. Nos últimos anos o Autobán sitouse como un punto de referencia inexcusable na Península Ibérica para os amantes dos fanzines, do cómic independente e das novas xeracións de valores, que encontraron no evento coruñés unha lanzadeira ideal e un punto de confluencia caracterizado polo bo ambiente. Este ano contarase con nomes habituais no panorama galego, tanto mozos como sinaturas consagradas, aos que se sumarán promotores de proxectos autoeditados desde Madrid, Barcelona, Valencia, Baleares, Cantabria e mesmo Portugal.

Dous días, dúas localizacións
Autobán 2022 transcorre o venres 12 e o sábado 13 de agosto, o primeiro día no Bar Monty, na praza do Papagaio, e o sábado na céntrica praza de San Andrés. En datas esta fin de semana coincide coas festas da cidade, e especialmente co Noroeste e con Viñetas desde o Atlántico, o que a converte na ocasión perfecta para se achegar á cidade herculina. As actividades son de asistencia gratuíta.

Programa

PRIMEIRO DÍA

 Data:        Venres 12
 Onde:       Bar Monty, rúa Papagaio 2
 Como chegar ->    https://goo.gl/maps/oy8gnxBFU3YknM4P9
 Horario:    19:00-22:00 aprox.

19:00 – Autobombo
Micropresentacións multimedia de 14 dos proxectos participantes neste Autobán.

20:30 – Combate de debuxantes
Oito deseñadores improvisan debuxos en roldas sucesivas, votadas polo público até dar un vencedor. Clímax da xornada ateigado de concorrencia.

SEGUNDO DÍA

 Data:        Sábado 13
 Onde:        Praza de San Andrés
 Como chegar ->    https://goo.gl/maps/f5Q81d8BGncYoBeU6
 Horario:    12:30-22:00 + festa posterior desde a 1 AM no Bar 13 (rúa Orzán 115)

12:00 a 22:00 – Mercado de autoedición
Dez horas continuadas de venda das publicacións editadas para a ocasión polas pequenas editoriais e creadores participantes. O mercado de autoedición ofrece a oportunidad de amosar e vender o seu material a autores e autoras, colectivos, proxectos de autoedición e microeditoriais. Desenvolverase na Praza de San Andrés, coa inestimable axuda da galería Grelería. Ademais, haberá pinchada de música continua, comida e bebida ofrecida por Pura Vida e Café Olimpia, e bar de cervexa artesá ao cargo de AleAlé.

12:30 – OBRADOIRO: Cando un ponto camiña
Neste obradoiro experimental para grandes e cativos, Julia Abalde invitanos a crear imaxes partindo de pontos e liñas en movimiento. É unha actividade gratuíta e aberta.

19:00 –  OBRADOIRO: Unha nova vida para a túa cami
Obradoiro de estampación serigráfica organizado por laconcongrelos no que poderás decorar prendas vellas que achegues da casa, coa imaxe do Autobán 2022 ou cunha de laconcongrelos. É unha actividade gratuíta e aberta.

22:0 – Pecha a feira de fanzines

01:00 – Comeza a gran festa de despedida no Bar 13 (rúa Orzán 115).

Todas as actividades son gratuítas e de acceso libre.

Así que xa sabedes, todos estos días vémonos nas biblios e… nas rúas!