O próximo 13 de novembro cumpriranse 20 anos dunha das peores catástrofes ambientais vividas en todo o planeta: o Prestige. Un petroleiro monocasco de capital grego –bandeira de Bahamas– con nome homónimo en condicións deplorables –acabou partido en dúas o 19 de novembro tras dar o SOS seis días antes– e con 77.000 toneladas de fuel a bordo perdeu, tras un temporal, a maioría da súa carga durante semanas asolagando de chapapote as rías galegas especialmente, aínda que o seu rastro acabou impregnado, mesmo, en Cantabria, Asturias, o País Vasco e Francia.

Unha marea negra que provocou unha excepcional rebelión ecolóxica de centos de miles de voluntarios, non só de Galicia, senón procedentes de diferentes lugares de España e do estranxeiro, que non dubidaron en ensuciarse para tratar de rescatar a contorna natural. Naceu entón o movemento social Nunca Máis, que alzou a súa voz de protesta e encheu as rúas para esixir solucións.

Dende a Biblioteca Os Rosales facémonos eco da efeméride para que non caia no olvido tal catástrofe cunha mostra bibliográfica cos poucos materiais editados ata o momento sobre o Prestige e materias relacionadas. E máis concretamente no mundo do cómic, temos a oportunidade de ler e reflexionar sobre o asunto da man de Carlos Portela e Sergui San Julián.

Alita Cómics acollerá este venres 4 de novembro na tenda da Av. Fisterra, 99 (A Coruña) a partir das 19:30 horas a presentación de A conta atrás, cos seus autores Carlos Portela e Sergi San Julián. Coincidindo co 20º aniversario da traxedia do Prestige, esta edición inclúe a inédita segunda parte da obra, material adicional, un prólogo de Manuel Rivas e un epílogo de Miguelanxo Prado. Ademáis de falar da obra, na libraría poderemos conseguir unha adicatoria dos autores.

Transcorreu un ano desde que o accidente dun petroleiro causou una gran marea negra. Otero, subsecretario de Pesca do Goberno Autonómico, presenta ante os medios de comunicación una campaña publicitaria que anuncia a recuperación da costa e do sector pesqueiro. En realidade, trátase dun exercicio de manipulación informativa que busca acalar as críticas á xestión política da catástrofe ecolóxica. Mariñeiros, xornalistas, comerciantes e voluntarios son os outros grandes actores deste drama coral, que gaña en matices e profundidade a medida que o desenvolvemento da historia –relatada en sentido inverso– se desprega perante o lector”.

Sabendo que os pobos que esquecen a súa historia están condenados a repetila, esta novela gráfica lémbranos a dimensión da catástrofe ocurrida en novembro de 2002, hai xa 20 anos, e o que debemos facer para que nunca volva suceder.

Dúas recomendacións máis que achegamos dende a Biblioteca son:

Anuncio publicitario