¿Sabedes quen son as persoas que seleccionan e preparan os cómics para que poidades desfrutar das mellores viñetas 🤔? Aproveitando que hoxe celebrase o «Día do Cómic» presentámosvos neste post as bibliotecarias e bibliotecarios que conforman o grupo de traballo de Fancómic. Este grupo encargase entre outras cousas de seleccionar os mellores cómics, atender as vosas peticións de compra, describir os cómics para que vos sexa doado atopalos no catálogo ou xestionar actividades relacionadas co cómic, entre outras actividades. A o longo deste post coñeceredes as persoas encargadas da sección de cómics de cada biblioteca, xunto cunha recomendación que vos fan. Se lestes algún dos cómics propostos, este é un bo lugar para comentalo e intercambiar opinións con outros usuarios. Animádevos! 😉

Biblioteca Rosales

Recomendación de Marta Varela Couto. «El jardín secreto»

«Mary Lennox é unha nena inglesa moi consentida que vive cos seus pais na India. Cando dun día para outro queda orfa, debe marchar vivir co seu tío a Inglaterra. E alí atoparase coa súa misteriosa mansión, con máis de cen habitacións e inumerables segredos.»

Recomendación de Sira González Rodríguez. «Una carta para Yodo»

«Cansado de esperar noticias postais da súa nai, Yodo encamíñase á cidade en pos da correspondencia extraviada. Esa carta ten que estar en algures! Polo camiño recollerá a Rebecca, unha autoestopista que viaxa coa misión de entregar un maletín sobre cuxo contido é mellor non preguntar. A circunstancia do un e do outro postas en común van dar lugar a unha infinidade de tribulacións por terra, mar e aire, onde nada será o que parece».

Biblioteca Castrillón

Recomendación de Marieta Ferreiro Prieto. «O lume»

«Un inmenso asteroide aproxímase á Terra en traxectoria de colisión. Alexander Yorba, afamado arquitecto de mediana idade, é o encargado de idear e erguer con urxencia unha colonia lunar para asegurar a supervivencia da humanidade ante o inevitable desastre».

Biblioteca Ágora

Recomendación de Alma Bernardez Gómez. «Home»

«Sofía fixo do bosque o seu refuxio durante as vacacións. Alí pasa as horas debuxando, inmersa no seu caderno. Pero o rumbo do verán cambia de forma inesperada cando coñece a Jess. De súpeto vese envolta en novas situacións que a levan a enfrontarse aos seus medos, pondo en perigo a súa recente amizade.»

Biblioteca Durán Loriga

Recomendación de Remedios Conde Núñez. «Los equinoccios»

«Durante os equinoccios, o día iguala a extensión da noite. Coma se o mundo atopase un equilibrio perfecto entre a sombra e a luz. Un equilibrio fuxitivo, parecido ao designio dos destinos humanos. Un relato en catro estampas, catro estacións atravesadas por personaxes de todos os horizontes xeográficos e de toda procedencia social. Seres dun equilibrio inestable que cruzarán novas soidades e que tecerán, entre uns e outros, o tenue fío da conciencia atormentada polo enigmático sentido da vida. Catro estacións coa súa propia identidade gráfica, catro voces

Biblioteca Forum

Recomendación de Gema Carballeira Basanta. «La joven y el mar»

«Gustaríame pintar a natureza, confesa unha moza debuxante francesa ao poñer un pé en Xapón. Pola súa banda, un artista xaponés tenta pintar unha muller. Que natureza: a que tranquiliza ou a que desborda? E que muller? Nami, quizais, que rexenta a pousada de baños termais na que ambos os artistas se hospedan? Catherine Meurisse viviu durante varios meses en Vila Kujoyama, unha residencia para artistas en Kioto, onde quixo inspirarse e retomar o seu labor baixo unha nova perspectiva, mergullada nas ricas paisaxes xaponesas, co fin de darlle un novo sentido á súa obra e redescubrirse a si mesma.»

Recomendación de Antonio Picallo Chao. «Espanto»

«Espanto reúne un imaxinario do absurdo, medos, fantasías e situacións inquietantes; debuxos nos que se mesturan o estraño e o marabilloso a través do branco e negro.»

Recomendación de Iván Serrano Lafuente. «Laberintos»

«Este podería ser o retrato do artista adolescente de Charles Burns, pois resulta difícil non ver en Brian Milner, o protagonista de Labirintos, ao alter ego do autor. Neste primeiro volume empezaremos a coñecelo: Brian é un adolescente tímido, prodixiosamente dotado para o debuxo, que está obsesionado co cinema de terror e que debe loitar día tras día contra os seus medos interiores. Cando recibe, sen esperala, a cálida atención de Laurie, unha rapariga da súa idade, as fronteiras entre a realidade e a imaxinación empezarán a confundirse.«

Biblioteca Montealto

Recomendación de Inés De La Cruz González-Cutre. «Memet»

«No cámping ao que chega Lucy está Roman: un mozo aventureiro e brusco. Coñece o lugar como a palma da súa man, nada podería asustarlle. Pero cando atopa unha nova cabeza no seu camiño, a de Lucy, convértese nun animal feroz. O que se atreve a estender a man é mordido! Durante unha fugaz estancia, os dous nenos aprenden a domesticarse mutuamente. Aos poucos a curiosidade polo outro gañará á desconfianza.»

Biblioteca Sagrada Familia

Recomendación de Fátima Elías Busto. El libro del cementerio

«Guiado polo seu instinto, un bebé escapa do berce no medio da noite e logra alcanzar o cemiterio máis próximo á súa casa. O individuo que o persegue, coitelo en luva, acaba de asasinar a toda a súa familia e está decidido a terminar con el. Pero os espectros do camposanto protexen ao pequeno e acaban acolléndoo nas súas terras. Aínda que esta vez escapóuselle, o sinistro home Jack non descansará ata cumprir a súa misión…«

Anuncio publicitario