Torpedo na B.Municipal Monte Alto da Coruña

galegoA Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano é depositaria do fondo Toñito Blanco, composto por máis de 3.000 exemplares que vén a ser unha mostra da historia da banda deseñada dos últimos cincuenta anos ademais de ser unha biografía da historia editorial deste xénero no noso país, dende os 50 até o esplendor dos 80 e os principios da decadencia editorial -que non artística- nos 90.

A colección de gran amplitude e diversidade, organizaouse por personaxes -sobre todo no caso dos comic books, mantendo o formato orixinal e evitando a encadernación agás en casos de notable deterioro- e por autores cando estes son o referente predominante. Tamén se manteñen agrupados os exitosos manga e determinadas coleccións como Pendones del humor de El Jueves ou a serie Vértigo DC

Na actualidade, a biblioteca ten a práctica totalidade do donativo en acceso directo aos usuarios, se ben é certo que moitos dos exemplares son de consulta e non poden ser levados en préstamo. Actualmente, a colección de cómics da biblioteca Fórum Metropolitano rolda os 4.000 exemplares. Cómpre dicir que os cómics supoñen un considerable 12% dos fondos, e que o préstamo destes documentos é dunha media mensual de entre o 20 e o 25% da totalidade das obras de ficción desta biblioteca.

A resposta da cidade ante este acontecemento é masiva, un motivo máis para confirmar que a banda deseñada aínda ten moito que dicir, tamén no espazo público

Antonio Picallo e Quique Rodríguez,  Bibliotecarios