O 20 de xuño Manel Cráneo impartirá un obradoiro de iniciación á ilustración na Biblioteca Municipal de Estudos Locais da Coruña. O taller céntrase no cómic e será exemplificado con traballos do propio autor apoiado con exercicios prácticos sobre cada concepto tratado na sesión (elementos básicos da metalinguaxe do cómic, deseño de personaxes, tratamento da cor, etc).
A actividade inclúe tamén unha introdución ao panorama do cómic en Galicia.
Pódeste inscribir:
- Presencialmente na propia biblioteca (R/Durán Loriga 10, 1º)
- Por teléfono: 981 184 386
- Vía correo electrónico: bestudiosl@coruna.es