Lototipo de la Diputación Provincial de A CoruñaOs resumimos  a nova convocatoria do IX Premio de Banda Deseñada Castelao que realiza a Deputación da Coruña e que, para sorpresa de todos, parece que volve  a ser anual.

Poderán participar todas as persoas, maiores de idade, de calquera nacionalidade, que non fosen premiadas nas cinco
edicións anteriores, e que presenten narracións en banda deseñada escritas en lingua galega, inéditas e non premiadas en ningún outro premio o certame.

As obras presentadas poderán ser escritas e debuxadas, cada unha delas, por un máximo de dous autores (un como
guionista e outro como debuxante).

Establécese un premio único dotado con 6.500 €. e a publicación da obra premiada. A temática das obras será libre, podendo tratarse dunha historia única ou dun conxunto de historias. O prazo de presentación de orixinais comezará  rematará o día 4 de abril de 2014.

Convocatoria Oficial do Premio Castelao

Ahora comentas tú:

Fancómic

Somos un grupo de traballo das Bibliotecas Municipais da Coruña para a promoción do cómic como medio artístico, cultural e social. Queremos abrir unha xanela pola que asomarnos afeccionados, creadores, libreiros e bibliotecarios, unha xanela que mire especialmente á «banda deseñada» de Galicia.

Cartel del festival de cómic Viñetas desde o Atlántico 2024


Biblioyoutube

Instabiblio




Algunos derechos reservados: atribución, no comercial