FURIA AO ESPIDO. Os lapis de David Rubín.

FKM-Festival de Cinema Fantástico da Coruña inaugura este sábado 26 de Setembro unha exposición monográfica do autor de BD, David Rubín titulada:

“FURIA AL DESNUDO. Los lápices de David Rubín”

A inauguración terá lugar ás 13:00h, no museo da Fundación Luís Seoane, na Coruña e poderase visitar até o 1 de Novembro. Trátase dunha mostra de 50 páxinas a lapis de dúas obras; Beowulf e Aurora West. Cuxo contido, o propio David describe así:

“Expúxena así para potenciar ao máximo e dar a coñecer sen molestias, sen edulcorantes nin engadidos, o labor de “arquitectura” que sustenta unha páxina de cómic; A arte a lapis.”

Anuncios