A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) convida a todos xs ilustradorxs, de forma totalmente anónima, a cubrir a seguinte enquisa en liña para posteriormente facer un pequeno estudo sobre a situación económica destes ante a parada de actividade provocada polo COVID-19.

Este estudo servirá para analizar que medidas é importante tomar e solicitar ás diferentes administracións. A AGPI está en contacto activo con outras entidades e asociacións representativas do sector das industrias culturais, e coñecer de primeira man a experiencia dos profesionais da ilustración vai servir para trasladar as súas necesidades a documentos sectorais.

Este estudo seguirá a estratexia doutras asociacións coma a APIC.