Cartel de Viñetas desde el Atlántico 2014A continuación poñemos a programación das actividades da carpa da Feira do Cómic de Viñetas desde o Atlántico
2014. A fonte deste programa é a Federación de Libreiros de Galicia, na data de publicación deste post algunha das actividades estaba pendente de ser confirmada.

Día 1. Venres

18.00 Apertura da Feira do Cómic.

18.15 Obradoiro Hama Beads. Mangalego – Alita Cómics.

Día 2. Sábado

18.00 Torneo de Yu Gi Oh, organizado por Mangalego.

19.00 Taller de escritura publicitaria creativa a cargo da Escola Superior Marcelo Macías.

20.00 Torneo de consolas. A cargo de Mangalego

Día 3. Domingo

18.00 Concurso DDR de baile, a cargo de Mangalego.

19.00 Iniciación aos Wargames.

Día 4. Luns

18.00 Taller de Yu Gi Oh, con premios para os gañadores. Alita Cómics

Día 5. Martes

19.00 Torneo Magic. Alita Cómic.

20.00 Taller de creatividad publicitaria a cargo da Escola Superior Marcelo Macías.

Día 6. Mércores

13.00 Charla coloquio de Cecilia Marchetto: Fillos do ceo e do inferno. Unha investigación da relación literaria entre a obra de William Blake e de Allan Moore.

19.00 Presentación do libro Cómics desde Hicksville , de Dylan Horrocks.

20.00 Taller de diseño de personajes, a cargo da Escola Superior Marcelo Macías.

Día 7. Xoves

12.00 Marvell Cómics en 2014: De la viñeta al cine. Charla coloquio dos integrantes do Podcast Universo Marvel. Participan no acto Fernando Benítez Rodríguez, Ignacio Pena Taboada , Guillermo González Serer e Bruno José Lorenzo Teijo.

13.30 Presentación do cómic Nordés, de Kike J. Díaz, autor e editor do libro.

18.00 Kike J. Díaz firma o seu cómic Nordés na caseta da Alita Cómics.

19.00 Mesa redonda /charla coloquio: Fotoxornalismo e conflicto, a propósito do cómic El fotógrafo, coa participación de Antón Fraga, fotógrafo e profesor da USC. Miguel Anxo Prado, debuxante de cómic e Marianm Rodríguez, expatriada de Médicos Sen Fronteiras. Modera Iván Serrano, coordinador do Club de Lectura de Cómics das Bibliotecas Municipais da Coruña.

20.00 Teoría del color: Charla coloquio a cargo da Escola Superior Marcelo Macías.

20.00 Firma de Tokio, autor do cómic A causa do crime, na caseta da libraría Kómic.

Día 8. Venres

12.00  Presentación das revistas  “Low Cost Comic Zine” e «El Arca de las Historietas», de varios autores, publicadas por Zona 84 Editorial.

13.00 Presentación do cómic Nacho Camacho, de Jano e Rodrigo Costa, publicado por Demo Editorial.

18.00 Zombies nos xardíns. Sesión gartuíta de maquillaxe zombie na carpa de actividades.

Á mesma hora, no Kiosco Alfonso, o autor de Walking Dead asinará exemplares do cómic.

18.00 Presentación do libro A vila dos Debuxantes do Norte. Novo cómic dos alumnos do  Garaxe Hermético, Escola Profesional de Banda Deseñada de Galicia. Asistirán os Mestres: Kiko da Silva, Fernando Iglesias, Fran Bueno e Miguel Porto, mais os alumnos do Garaxe Hermético.

19.00 Obradoiro de cubeecraft para nenos. Actividade organizada polas Bibliotecas Municipais da Coruña.

20.00 Presentación do cómic Fiz, o neno máis porco do mundo. Nova edición da divertida BD de Kiko Dasilva.

20:00 Sesión de firmas de Luis Sendón «Altar Mutante» na Caseta de AGPI

Día 9. Sábado

13.00 Presentación do cómic A causa do crime, do autor Tokio, publicado por Demo

18.00 Enma Ríos firma na caseta de Alita Cómics.

18.30 Firma de Tokio, autor do cómic A causa do crime, na caseta de Consorcio Editorial.

19.00 Obradoiro de cubeecraft para nenos. Actividade organizada polas Bibliotecas Municipais da Coruña.

20.00 Concurso Cosplay con premios. Alita Cómic.

Día 10. Domingo

12:00 Revisión de portafolios por Marcos Martín e Jano na Caseta de AGPI

18.00 Obradoiro iniciación Magic con agasallo de Mazos. Alita Cómics.

22.00 Peche da Feira do Cómic

5 respuestas a “Programa de actividades da Carpa da Feira do Cómic”

  1. Avatar de David Buceta

    Douche outro toque, que olvidóuseme: o sábado non presentamos Low Cost, é soamente o venres (xunto a El Arca). Seica non se aclararon cos horarios (xogaron coas datas da nosa presentación e quedou de maneira incorrecta nesta lista).

    ¡Saúdos e graciñas!

    Me gusta

    1. Avatar de Antonio Picallo
      Antonio Picallo

      Ok, Feito! 😉

      Me gusta

  2. Avatar de David Buceta

    Sinto correxir, pero o vernes 9, as 12 da mañá haberá presentación de «Low Cost Comic ´Zine» e máis «El Arca de las Historietas».

    Me gusta

    1. Avatar de David Buceta

      Vernes 8, autocorríxome 😛

      Me gusta

    2. Avatar de Antonio Picallo
      Antonio Picallo

      Ok, grazas David!. Correxido!

      Se detectades calquera erro, non dubidedes en avisar!!

      Me gusta

Ahora comentas tú:

Fancómic

Somos un grupo de traballo das Bibliotecas Municipais da Coruña para a promoción do cómic como medio artístico, cultural e social. Queremos abrir unha xanela pola que asomarnos afeccionados, creadores, libreiros e bibliotecarios, unha xanela que mire especialmente á «banda deseñada» de Galicia.

Cartel del festival de cómic Viñetas desde o Atlántico 2024


Biblioyoutube

Instabiblio




Algunos derechos reservados: atribución, no comercial