Ardalén, o último tebeo de Miguelanxo Prado presentarase mañá no Forum da Fnac de A Coruña ás 19:30. Este traballo, que ocupou os últimos tres anos do escritor coruñés, ten como fío conductor a memoria como esencia da existencia humana. Esta «memoria» ven relatada a través de Sabela, unha muller en crisis que chega a unha aldea perdida buscando datos sobre o seu avó, un emigrado a Cuba do que a súa familia nunca voltou saber. A tavés dela, entrecruzaránse varios personaxes que como o Ardalén, o vento do sudoeste das costas atlánticas europeas que sopla desde o mar cara a terra, aportarán á historia un aire fresco de lembranzas con olor a sal e iodo.

Xunto á presentación inaugurarase unha exposición do autor que poderemos ver na Fnac de A Coruña do 22 de novembro de 2012 ao 6 de febreiro de 2013. Alí poderemos apreciar tanto particularidades técnico-artísticas, como o método de traballo empregado por Miguelanxo nos seus debuxos. Un método no que destacan, especialmente, os marcados trazos dos rasgos que outorgan maior personalidade aos protagonistas das súas historias.

Se a crise non está facendo estragos na vosa economía, poderedes adquirir esta obra tanto en galego como en castelán cunha rubrica presonalizada do autor. Senón sempre poderedes lela, en breves, e de gratix na vosa biblio favorita.