De sobras é sabido que agosto é o Mes da Banda Deseñada na nosa cidade, por iso as Bibliotecas Municipais tiramos a casa pola fiestra e preparamos actividades e obradoiros para pequenos e maiores, ademáis das mostras bibliográficas que este ano xiran en torno ao 25 aniversario da nosa rede de bibliotecas. Non perdades detalle do cartaz con toda esta información que vos deixamos a continuación.

Actividades nas Bibliotecas Municipais 

Atréveste a facer un cómic sobre a túa propia vida? Este taller darache as pistas para conseguilo! O coñecido ilustrador Xosé Tomás será o encargado de impartir este taller de banda deseñada. Nel, as persoas participantes poderán aprender a facer un cómic, inventando guións sobre a súa propia vida, creando os seus personaxes baseados no seu contorno e plasmando todo nas ilustracións que conformarán o cómic final.

Ven a facer o teu propio cómic nunha xornada lúdica na que gozarás debuxando e aprenderás os recursos de expresión da 9º arte! O afamado viñetista Santy Gutiérrez, recoñecido polas súas divertidas viñetas diarias no xornal “A Opinión da Coruña”, está connosco para facernos partícipes de cales son as pautas básicas para debuxar un cómic.

Descobre os segredos do humor gráfico da man de Alberto Guitián.
Neste obradoiro práctico crearemos viñetas e memes partindo de imaxes e novas de actualidade. Coñeceremos as técnicas, estratexias e ferramentas contemporáneas para crear e compartir humor gráfico. Non é necesario debuxar ben, só ter un chisco de inxenio ou sentido do humor (ou nin iso).


Actividades das Bibliotecas na carpa do Festival Viñetas desde o Atlántico

  • XogaMais. Modela o teu personaxe. Venres 12 de agosto ás 19h

Rapaces e rapazas poderán modelar o seu personaxe de cómic favorito co xogo de construcción e modelado PlayMais, unindo entre sí os copos fabricados con maíz 100% natural e tintados con colorante alimentario sen necesidade de pegamento, só empregando auga para que o almidón natural do maíz funcione. Pódense enrolar, cortar, rasgar, pintar con rotuladores, perforar e mesmo pegar a outras superficios coma o papel. Un xogo 100% ecolóxico e biodegradable que fará as delicias de todos e todas xs que se acheguen ese día á nosa carpa de actividades.

  • Enmascárate: Maquíllate de cómic. Sábado 13 de agosto ás 19h

Se queres maquillarte de personaxe de cómic achégate o sábado ao noso stand de viñetas e Cherry&Bannana faranche un maquillaxe que te convertirá no heroe ou heroíina de cómic que sempre che gustou ser.

.: Podes seguir todo o que temos preparado buscando #Viñetas2016 no noso Instagram, Twitter e Facebook :.

Anuncios