gfsgs

Necesitamos da túa axuda para o Stand das Bibliotecas Municipais da Coruña durante a celebración do Festival de Cómic da Coruña “Viñetas desde o Atlántico 2013″ que se celebra do 1 ao 11 de agosto.

Que tes que facer no Festival?

Dende o 1 ao 11 de agosto debes axudarnos na montaxe e decoración da caseta, repartir os folletos na Feira e nas Salas de Exposicións de Viñetas, atender ao público na caseta e, sobre todo, informar de todo o vencellado ás Bibliotecas Municipais da Coruña e ó propio Salón do Cómic. Para iso debes inscribirte oficialmente como voluntario. 

Como me fago voluntario oficial?

Moi sinxelo: envianos un correo co teu nome e apelidos, DNI, data de nacemento e número de telefono con «Voluntariado Viñetas 2013» no asunto da mensaxe. Tamén podes pasar pola Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil ou chamar ao teléfono 981 184388

Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil: Rúa Durán Loriga 10, 1º de 11-14 h. e de 16 a 21 h.
Bule axiña, non temos moito tempo¡