Neste mes do cómic nas Bibliotecas Municipais da Coruña, a Biblioteca Os Rosales organiza un obradoiro de cómic dentro da programación  Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Terá lugar o xoves 27 de Agosto de 11.30 a 13h e está dirixido a rapaces/as a partir dos 9 anos.

Da man do ilustrador Xosé Tomás, os asistentes terán a oportunidade de  crear personaxes baseados na súa contorna e inventar guións sobre a súa vida cotiá.

Para inscribirse poderedes facelo dende hoxe mesmo, 20 de Agosto, a partir das 10.00h, a través da web das Bibliotecas Municipais da Coruña.

Anuncios