Viñetas 2016 está á volta da esquina. Xa coñecemos as datas nas que se vai celebrar a 19 edición do Festival: do 8 ao 14 de agosto.
No mes do cómic, sempre incorporamos novidades ás nosas comictecas. Pero dende a Biblioteca Os Rosales, non queríamos deixar de sumar neste mes de xullo unhas pouquiñas xoias á nosa colección de tebeos, para ir disfrutando xa un adianto de todo o bo que nos espera no #Viñetas2016. Aí vai a relación de títulos:
Presas fáciles / Miguelanxo Prado. El Patito Editorial, 2016
I.D. : ¿por qué no te gusta tu cuerpo? / Emma Ríos. Astiberri, 2016
Ari, cazador de dragones. Sello de Dragón I / Manuel Gutiérrez ; Xulia Vicente. Sallybooks, 2016
Don Quijote : una novela gráfica / de Miguel de Cervantes ; adaptado e ilustrado por Rob Davis ; versión en castellano de José C. Vales.Kraken, 2014
El olor de los muchachos voraces / Frederik Peeters ; Loo Hui Phang. Astiberri, 2016
Paul en el norte / Michel Rabagliati. Astiberri, 2016
Philémon / Fred. Ed. integral 1. ECC, 2016
Nuestra pequeña historia vol. 1 / Misono Sawa. Milky Way, 2016
El olmo del Cáucaso y otras historias / Taniguchi & Utsumi. Ponent Mon, 2016
Xa vedes, novidades de autores locais de entre o mellor que podemos atopar no mercado: o novo de Emma Ríos, Xulia Vicente e Miguelanxo Prado. Galicia Calidade, Coruña Gráfica, ou a etiqueta que lle queiramos poñer. Talento infinito por parte das autoras e autores de BD da nosa cidade!