Na Biblioteca Os Rosales propoñémosvos descubrir os segredos do humor gráfico da man de Alberto Guitián, porque aínda non rematou o #MesDaBD para nós. Non deixedes de aproveitar esta oportunidade para coñecer o xeito de traballar dun autor tan recoñecido . Todo un privilexio!

Neste obradoiro práctico crearemos viñetas e memes partindo de imaxes e novas de actualidade. Coñeceremos as técnicas, estratexias e ferramentas contemporáneas para crear e compartir humor gráfico. Non é necesario debuxar ben, só ter un chisco de inxenio ou sentido do humor (ou nin eso).

Este obradoiro forma parte da nosa programación do #MesDaBD nas Bibliotecas e organizámolo grazas ao programa de dinamización da lectura Ler Conta Moito.

DIRIXIDO A: público xuvenil (+ 16 anos) e adultos

LUGAR: sala de adultos da Biblioteca Municipal Os Rosales

CANDO: mércores, 24 de agosto

HORARIO: de 12 a 13.30 horas

INSCRICIÓNS: Do 17 de agosto ao 24 de agosto, ambos incluídos, na nosa páxina web.

Anuncios