Concurso de viñetas 2017 “IgualMENTE. Sexualidade e igualdade de xénero”

Co gallo da conmemoración do 8 de marzo, Día da Muller ou Día da Muller Traballadora, convócase, por oitavo ano consecutivo, unha nova edición do Concurso de Viñetas que en 2017 leva por título “IgualMENTE. Sexualidade e igualdade de xénero”, co obxecto de xerar conciencia reflexiva e fomentar a participación social do alumnado en materia de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, este ano dedicarase a convocatoria a reflexionar sobre a importancia de gozar de relacións afectivas e de parella saudables e en igualdade, incidindo na necesidade social de respecto e tolerancia das diversidades sexuais e as identidades de xénero para acadar unha sociedade mais xusta e igualitaria.

Descargar archivo
BOP

Ahora comentas tú:

Fancómic

Somos un grupo de traballo das Bibliotecas Municipais da Coruña para a promoción do cómic como medio artístico, cultural e social. Queremos abrir unha xanela pola que asomarnos afeccionados, creadores, libreiros e bibliotecarios, unha xanela que mire especialmente á «banda deseñada» de Galicia.

Cartel del festival de cómic Viñetas desde o Atlántico 2024


Biblioyoutube

Instabiblio




Algunos derechos reservados: atribución, no comercial