Na Biblioteca Os Rosales levamos semanas mostrando parte das biografías en cómic que temos na nosa colección. Biografías de personaxes históricas do máis variadas: escritoras e escritores, músicos, activistas, pintores, etc. Descartamos incluir na exposición cómics autobiográficos, que darían para outra mostra, para centrarnos noutro xeito de achegarse a fitos biográficos de personaxes como: García Lorca (temos 4 propostas diferentes para abordar a súa figura e obra en cómic), Anaïs Nin, Oscar Wilde, John James Audubon, Concepción Arenal…

Ás veces un cómic sérvenos de porta de entrada ao universo de personas que doutro xeito non coñeceríamos. O cómic céntrase nunha etapa ou na biografía completa da personaxe, pero sempre ofrecéndonos algunha chave para comprender a súa relevancia na historia. En moitos casos relacionamos a obra de/sobre o biografiado co cómic. Algúns exemplos?

Se visitades as nosas comictecas ou as librarías nestes momentos, veredes que as biografías en cómic son todo un acontecemento. A que personaxe gustaríavos achegarvos a través do cómic? Por aquí ata vimos xa publicada unha dedicada a Dona Emilia Pardo Bazán e outra a Dona Concha Piquer… Dende logo hai para todos os gustos lectores 🙂 Lémosvos!