O boom editorial de novelas ou personaxes literarios no mundo do cómic actual é un feito incontestable. Pero se visitades a exposición que argallamos na comicteca da Biblioteca Os Rosales, veredes que o de adaptar máis ou menos fielmente unha obra literaria ao cómic fíxose sempre. A conversa entre medios é enriquecedora para autoras/autores así como para as que nos achegamos ás súas obras.

Podemos poñer o exemplo da novela biográfica de Héctor Abad FaciolinceEl olvido que seremos“. Unha novela que fala do pai, da relación tan estreita e especial que mantivo con el, un defensor da sanidade pública na Colombia dos anos 60-80 e que foi asesinado polos grupos paramilitares que perseguían aos militantes de esquerdas do momento. Esta novela foi e segue a ser moi lida en todo o mundo pero nestas datas está recobrando visibilidade por dous motivos:

As diferentes versións dunha historia danlle novas perspectivas e enfoques que, sempre que sexa dende a calidade estética, respecto e compromiso, fan que medre a obra orixinal. E este é o caso, dende logo. O texto orixinal de Facionlince é insuperable, debemos lelo, pero non quita para que poidamos disfrutar igualmente da película ou do cómic, que é do que vimos a falar hoxe aquí! 😉

O debuxante catalán Tyto Alba, cuxos debuxos e acuarelas dan vida a uns personaxes e unha historia inesquecibles, dotándoos de novos matices e significados, engade ao libro unha dimensión plástica que, respectando a súa esencia, transfórmao nunha obra artística independente. E nesta conversa podedes escoitar sobre toda esta reflexión á que nos leva o trasvase entre versións dunha obra:

Ata agora estamos falando da adaptación dun cómic recente, pero como diciamos ao comezo, levamos anos engadindo ás nosas Bibliotecas versións en cómics de novelas ou personaxes literarios, e o que nos queda!!!

At Rafal  vs  Espanya -  (11)

Nestas imaxes estámosvos mostrando os cómics dispoñibles no momento na Biblioteca Os Rosales, pero no conxunto da Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña poderedes ler un sinfín de adaptacións máis. Botádelle un ollo ao noso catálogo e comentádenos cal é a vosa versión en cómic dun texto literario favorita! Lémosvos!