La tetería del oso malayo de David Rubín

Encontro do Club de Lectura de Cómics con David Rubín.

Mércores, 7 de Agosto ás 19:30 h.

Biblioteca Forum Metropolitano

Dirixido a maiores de 15 anos, o Club de Lectura de Cómics, teremos a ocasión de comentar a obra co seu autor nunha sesión aberta a todos os interesados en asistir.

La Tetería del Oso Malayo, de David Rubín

Unha tetería, en realidade, “un consultorio psicoanímico” rexentado por un oso, Sigfrido, é o espazo en torno ao que se arman as historias desta segunda novela gráfica de David Rubín tras El circo del desaliento, tamén publicada por Astiberri. O bonachón Sigfrido, especialista en infusións e os licores máis variados, levanta acta de historias de amor e desamor filial e de parella, de relatos sobre lealdades, de emocionados recordos, de homenaxes, de procuras dunha terceira vía encamiñada a sortear o naufraxio do individuo…, tamén de violencia -estado inherente ao ser humano- co seu (sen)razón de ser ao servizo da narración.

A tetería do oso malayo é por concepto un álbum unitario de historietas encadeadas. Onde as cousas rematan por romper, unha historia inédita de 72 páxinas comanda unha serie de relatos curtos realizados para a ocasión, xunto con outros xa prepublicados previamente na desaparecida revista Dos Veces Breve, pero que foron redebuxados -e en ocasións ampliados- para a presente edición co fin de darlle unha uniformidade estilística ao tomo.

Anuncios