Alita Cómics acollerá este venres 6 de outubro na tenda do Orzán, 94 a partir das 19.00 horas a presentación do novo comic de Emma Ríos: Mirror, el Reflejo de la Montaña, na que comparte autoría coa artista de Malasia Hwei Lim ao debuxo, e que está enmarcada nun universo que desenvolverá en próximas historias: o dos Alquimistas da Sincronía.
Pero é que ademáis, nesa mesma xornada do venres 6, a partir das 19.30 h, na librería Moito Conto (San Andrés, 35) poderemos disfrutar da presentación do libro IlustraDots vol. 2, que recolle unha representación do traballo de 50 ilustradores galegos actuais.
A Coruña está cheo de cómic e ilustración durante todo o ano. Unha mostra, ademáis das dúas presentacións anunciadas para mañá venres, é que temos abertas dúas exposicións sobre o cómic na cidade:
- Exposición El Arte en el Cómic na Sede Afundación da Coruña.
- Exposición Dessins en liberté na Casa da Cultura Salvador de Madariaga.