Para celebrar o día internacional do libro infantil, achegámosvos algunhas das máis recentes incorporacións de cómics para os máis pequenos. Unha pequena escolma da infinidade de títulos que temos para eles nas nosas bibliotecas. A celebralo como se merece.

  • Coraje. Raina Telgemeier. Maeva Young: Nova novela gráfica de Raina que se está a converter, con esta serie de novelas autobiográficas, na voz dos (pre)adolescentes de todo o mundo. Tras o éxito de Sonríe e Hermanas da outra vez no clavo con Coraje. Unha obra na que nos mostra, con humor e tenrura, o poder do optimismo e a necesidade de enfrontarse aos problemas con decisión e valentía.
  • El día que Otto la lía. Jay Lynch e Frank Camusso. La casita roja: Como a obra anterior, non atoparedes este cómic no catálogo das biblios xa que será unha das novidades que incoporaremos unha vez abertos de novo. Pouco que dicir deste tebeazo descoñecido para o público en xeral pero seleccionado por Booklist dentro dos 10 mellores cómics infantís do 2009. Novedoso, intelixente, surrealista, orixinal e moi, pero que moi divertido.
  • A filla de Vercinxetorix. Jean Yves-Ferri e Didier Conrad. Xerais: Última obra publicada da colección que tantas alegrías nos leva dando desde tempos inmemoriais: Ásterix o galo. Última tamén que disfruta o seu xenial ilustrador orixinal, Albert Uderzo, despois de deixarnos hai tan só un par de semanas. Aventuras a tope cos nosos dous galos favoritos, acompañados dunha misteriosa rapaza que está a ser perseguida por Xulio César e os seus lexionarios.
  • Hilda y el Rey de la montaña. Luke Pearson. Barbara Fiore editora: Último tomo que conforma a fin desta exitosa serie de cómics que ata ten a súa propia serie de televisión. Nesta última aventura inspirada como todas no floklore escandinavo, veremos se Hilda é capaz de deter o inevitable confrontamento entre trolls e humanos. Mitoloxía, amor pola natureza e moita imaxinación… coma o resto de títulos da saga.
  • Pepino, un héroe de leyenda. Gigi D. G. Ediciones La Cúpula: Primeiro tomo do fantástico universo de Pepino e Almendra. Un tebeo de aventuras cheo de personaxes cuquis e cores deliciosas. Pero non te deixes enganar pola ilustración xa que aquí o bonito e o macarra van collidos da man para ofrecernos unha historia divertidísima. Aventuras, humor e coelliños salvando o mundo, que máis se pode pedir.